Actividade 51: A diversidade de seres vivos.
Na actualidade tense catalogadas 1,9 millóns de especies de seres vivos no mundo,
aínda que se pensa que pode haber entre 5 e 50 millóns de especies en total. Destas especies, unhas 950.000 están formadas por animais, 298.000 son plantas, 611.000 son fungos e uns 50.000 son moneras e virus. Estes datos non representan a realidade, xa que catalogar animais ou vexetais resulta moito máis doado que, por exemplo, un virus, o cal leva a gran diferencia no número de especies catalogadas, cando na realidade o máis posible e que estes grupos superen con creces aos outros.
O xurdir das novas especies é explicado pola ley evolutiva, xa que as mutacións permiten a aparición de individuos con rasgos diferentes dos da súa especie, e a selección natural permiten que uns sobrevivan e outros non, levando á aparición de especies mellor adaptadas e a desaparición das menos adaptadas.
Isto leva a que o número estimado de especies actuais sexa mínimo en comparación das existidas no transcurso da historia, estimándose nuns 500 millóns, aínda que esta cifra é moi inexacta.
Comentarios
Publicar un comentario