Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

Actividade 73-74: SARS-CoV (primeira parte)

 1 - Que son os coronavirus? de onde procede o seu nome? Os coronavirus son un grupo de virus que reciben o seu nome debido as súa espiñas en forma de coroa na súa superficie. 2 - Cal é a función das "espiñas" do CoV? de que molécula están formadas? As espiñas están formadas por proteínas e son as que lle permiten entrar nas células que quere infectar. 3 - Sendo do mesmo grupo, o virus da gripe e o CoV actúan de forma distinta. Cal é a diferenza?  A principal diferenza é que o coronavirus non ten que introducirse no propio núcleo da célula, senón que tamén se pode introducir nos ribosomas. 4 - Como se contaxia? Como son os síntomas da enfermidade? O virus contaxiase mediante as gotículas expulsadas por outra persoa infectada polo virus . Este virus produce síntomas de pneumonía, ao inflamar aos alveolos pola debilidad inmunolóxica producida polo virus. 5 - Por que aos infectados se lles debe de proporcionar osíxeno? Porque os seus alveolos encontranse cheos de fluído debido á

INFORME ESCRITO: Análise de sangue

Imagen
 

Actividade 72: OS XENES.

  1- Con respecto ao cariotipo, cal é o sexo desa persoa? Por que? A persoa do cariotipo é un home, pois presenta un cromosoma Y no seu par sexual. 2- Observas algunha alteración no cariotipo? Busca en internet unha enfermidade relacionada cos cromosomas. O cariotipo parece ser estandar. Un exemplo dunha enfermidade cromosomica é o síndrome de Turner, no cal o par sexual presenta un único cromosoma X. 3- Xa sabes que nas nosas células temos 46 cromosomas. Hai algunha célula que non o cumpre? Razoa a resposta. Si, isto non se cumple nos gametos sexuais,pois son haploides, é dicir, teñen a metade de cromosomas. 4- Cal é a diferencia entre xen e alelo?. O xen é unha parte da secuencia xenética, mentres que os alelos son as diversas posibilidades que pode presentar o xen. 5- Busca información sobre o Proxecto Xenoma Humano. Indica as súas características. Este era un proxecto que buscada descodificar o ADN humano, o cal adelantou os seus resultados grazas a creación da PCR 6- Que é unha m

Actividade 71:O ADN E OS CROMOSOMAS.

  1- Que quere dicir cas cadeas de ADN condénsanse? cal é o resultado? O proceso de  condensación éaquel polo cal o ADN envolve diversas proteínas para ocupar un menor espazo. O resultado deste proceso son os cromosomas. 2- Por que os cromosomas teñen aspecto de X? Son as X sempre iguais? Esta forma débese a que na realida de estes cromosomas están formados por dúas cadeas de ADN identicas debido á duplicación. Estás formas de X varían segundo o cromosoma debido a que depende da propia cadea de ADN que o forma.  3- Busca tres exemplos de cariotipos doutras especies moi diferentes indicando o seu número de cromosomas. Hai algunha relación entre este número e o complexa que sexa a especie. -Mariposa: Conta con 380 cromosomas no seu cariotipo -Aulacantha scalymantha: Conta con 1600 cromosomas no seu cariotipo -Lombriz intestinal: Conta con dous cromosomas no seu cariotipo O número de cromosomas non afecta á complexidade da especie. 4- Que representa o debuxo de abaixo?. Cal é o sexo de

Actividade 70: A información xenética (segunda parte)

  1- Define molécula? Que compoñentes ten unha molécula de ADN? Unha molécula é unha agrupación definida de átomos. A molécula de ADN esta formada por unha pentosa(desoxirribosa) unha base nitroxenada e un grupo fosfato. 2- Que é a cromatina? Por que está formada? A cromatina é unha estrutura presente no núcleo celular formada polo ADN en forma de hilos. 3- O primeiro debuxo representa o ADN. Observa que, ademais das bases nitroxenadas hai outros compoñentes, cales? Como se emparellan as bases?    Os outros compoñentes  son a pentosa(desoxirribosa) e o grupo fosfato. As bases nitroxenadas enlazas grazas aos átomos presentes nos seus extremos mediante enlaces de pontes de hidróxeno. 4- O segundo debuxo representa unha célula: que tipo de célula é? Indica as partes. É unha célula vexetal. 1.Aparello de golghi. 2.Cloroplasto 3.Mitocondria 4.Vacuolo 5.Cromatina 6.Nucleolo 7.Parede celular 5- O terceiro debuxo representa unha foto dun núcleo. Baseándote no debuxo anterior indica os seus co

Actividade 69: A información xenética (primeira parte)

1- Que quere dicir que “as funcións que realizan as células, son a causa das funcións que teñen osseres vivos” Que todas as funcións realizadas polos seres vivos baseanse nas necesidades das súas células, e as súas estruturas están deseñadas para suplir as células de todo o que necesitan para realizar o seu metabolismo. 2- Compara a reprodución asexúal e a sexual contestando en cada caso:        a. Cantos proxenitores se necesitan en cada caso? Na reproducción asexual requirese un único proxenitor, mentres que na sexual requirense dous. b. Como son as células da descendencia, iguais ou distintas entre si? No caso da sexual as células da descendencia son iguais, mentres que na sexual son distintas. c. Na especie humana como chamamos as células sexuais en machos e en femias? Espermatozoides e ovulos respectivamente. 3 – Define mitose. Cando se utiliza? A mitose é unha división binaria do núcleo celular que se emprega para a reproducción en seres unicelulares e para o crecemento e repara