Actividade 73-74: SARS-CoV (primeira parte)

 1 - Que son os coronavirus? de onde procede o seu nome?

Os coronavirus son un grupo de virus que reciben o seu nome debido as súa espiñas en forma de coroa na súa superficie.

2 - Cal é a función das "espiñas" do CoV? de que molécula están formadas?

As espiñas están formadas por proteínas e son as que lle permiten entrar nas células que quere infectar.

3 - Sendo do mesmo grupo, o virus da gripe e o CoV actúan de forma distinta. Cal é a diferenza?

 A principal diferenza é que o coronavirus non ten que introducirse no propio núcleo da célula, senón que tamén se pode introducir nos ribosomas.

4 - Como se contaxia? Como son os síntomas da enfermidade?

O virus contaxiase mediante as gotículas expulsadas por outra persoa infectada polo virus . Este virus produce síntomas de pneumonía, ao inflamar aos alveolos pola debilidad inmunolóxica producida polo virus.

5 - Por que aos infectados se lles debe de proporcionar osíxeno?

Porque os seus alveolos encontranse cheos de fluído debido á inflamación

6 - Que son as vacinas?

 Unha vacina soe consistir nunha versión debilitada do virus que permite así ao corpo xerar defensas e prepararse para contrarrestalo.

7 - Que son os anticorpos? como actúan contra o CoV?

 Son parte do sistema inmunolóxico que se acoplan ao virus, impidindo que entre nas células e facendo unha sinal para marcar ao virus como unha ameaza.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 43: Exemplos de infografías.

Actividade 68: Enfermidades raras