Tarea 32: O sistema Terra

 1- A consecuencia da rotación é o ciclo de día e noite, mentres que a consecuencia da translación e a variación de temperatura que produce as estacións.

2- As principáis características que facilitan a vida na Terra son a súa distancia ao Sol, encontrándose na zona habitable, a presenza de bioelementos, a presenza dunha atmósfera e a presenza do campo magnético.

3- O sistema Terra esta formada por catro capas, a Geosfera, que conta con enerxía interna, a atmósfera, a hidrosfera e a biosfera; estas tres últimas obteñen enerxía solar e todas estas vense alteradas pola gravidade e pola actividade humana.

4- O modelo xeoquímico basease como criterio na composición química e mineralógica dos seus compoñentes, mentres que o modelo dinámico baséase nas placas tectónicas e nas caracteristicas como a rixidez ou a elasticidade.

5- Os procesos xeolóxicos externos proveñen da superficie, e destrue o relevo xa que moven e destrúen os materiais que forman o relevo. Polo contrario, os procesos internos orixínanse no interior da Terra e son os que levan os materiais á superficie.

6- Os bordes son as dorsáis, as zonas de subdución e as fallas transformantes. As dorsáis son as que constrúen relevo e as zonas de subdución son as que destrúen.

7- A atmósfera e a hidrosfera relaciónanse xa que a auga que se encontra na hidrosfera evaporase e pasa a atmósfera, para posteriormente precipitarse e volver a formar parte da hidrosfera.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 43: Exemplos de infografías.

Actividade 68: Enfermidades raras