Actividade 40: As formas acelulares

 Aínda que por norma xeral a célula é a unidade minima capaz de levar a cabo as funcións vitais e, por tanto, de ser considerada un ser vivo, na naturaleza existen numerosas excepcións de seres que, aínda que non sempre do xeito habitual, poden considerarse seres vivos. Algúns exemplos destes seres son os seguintes:

-Virus: Os virus son seres conformados por unha molécula de ADN ou ARN e cunha cuberta de proteínas, chamada capsida, aínda que poden ser bastante máis complexos. Estes seres contan cunha peculariedade no respectivo a súa reproducción, xa que non teñen a capacidade de autorreplicarse por si mesmos, senon que teñen que parasitar a outras células e modificar o seu ADN para crear replicas do propio.

-Viroides: Similares aos virus, os viroides son moléculas de ARN circular que non ten a capacidade de autorreplicarse. Os viroides, pola sua parte, utilizan como hospede a organismos vexetais, producindo diversas dolencias.

-Prions: Os prions son moléculas de proteínas que reproducense ao atacar outras células é introducirse nas súas secuencias de aminoácidos, logrando así replicarse. Estes son causantes dunha multitude de enfermidades neurodexenerativas.

-Plásmidos: Os plásmidos son moléculas de ADN non pertencentes ao código orixinal da célula que se encontran no citoplasma, estas moléculas replicanse xunto co ADN da célula e se cree que teñen algun beneficio para o ser vivo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 43: Exemplos de infografías.

Actividade 68: Enfermidades raras