Actividade 52: As extincións.

 Ao longo da historia da Terra, sucedéronse numerosas extincións masivas, que acabaron coa maioría das especies do planeta, as máis importantes foron:

- A primeira extinción masiva foi a do Ordovícico-Silúrico, a cal sucedeu fai 439 millóns de anos a causa dunha supernova. Levou a extinción do 85% das especies existentes debido á desestabilización da cadena trófica. Os máis afectados forón os grandes depredadores, algúns exemplos dos cales son o Orthoceras e o Eurypterida.

- A segunda foi a do Devónico-Carbonífero, a cal sucedeu hai  367 millóns de anos a causa dunha pluma mantélica, unha columna de magma ascendente procedente do manto. Esta extinción durou uns tres millóns de anos durante os cales desapareceu o 82% das especies, entre as cales estaba a orde proetida dos trilobites e numerosas especies dos artródiros (peixes acorazados).

- A seguinte foi a do Pérmico-Triásico, hai uns 251 millóns de anos, a cal se pensa que puido ser causada polo impacto dun meteorito ou por outra pluma mantélica. Ista foi a extinción máis masiva que ocorreu, acabando co 96% das especies no periodo dun millón de anos. Algunhas das especies desaparecidas foron os gorgonopsios, e o grupo dos trilobites.

- A penúltima extinción ata a fecha foi a do Triásico-Xurásico, a cal foi causada por erupcións masivas ocurridas tras a fragmentación de Panxea hai 210 millóns de anos. Esta extinción acabou co 76% das especies, coma os metoposaurus ou o koolasuchus.

- A última e máis coñecida extinción que aconteceu foi a do Cretácico-Terciario, acontecida fai 65 millóns de anos a causa do impacto dun meteorito e as posteriores erupcións masivas, que acabaron co 76% das especies. Esta extinción é coñecida pola case total extinción dos dinosaurios e os pterosaurios.

aaaaaaa

                           Representación dun Orthoceras e de Eurypteridas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade 43: Exemplos de infografías.

Actividade 68: Enfermidades raras